BENVIDOS Á COMUNIDADE DE MONTES DE CANDEÁN

Esta páxina ten como propósito dar a coñecer aos veciños
e veciñas e a todos os cidadáns, o patrimonio forestal,
arqueolóxico, cultural e etnográfico de Candeán.

A difusión dos bens patrimoniais do noso contorno ten como obxecto
concienciar no coidado, protección e conservación dos elementos
materiais e inmateriais que conforman a nosa cultura.
Dende a CMVMC queremos facer fincapé na importancia da posta
en valor do monte.
O noso, por tratarse dun monte periurbán, onde se atopa o parque
forestal do Vixiador, e a “Área Arqueolóxica Mámoas de
Candeán"
é un dos máis visitados de Vigo e necesita dun coidado
exquisito para que poida cumprir coas súas funcións ambientais.

A protección do patrimonio forestal necesita da solidariedade
colectiva, polo que animamos aos comuneiros e comuneiras
e a toda a cidadanía a involucrarse no seu coidado.

Subvenciona:
Xunta Politica Lingüistica


NOVAS

• XXIII ROMARÍA DO VIXIADOR
7 de setembro de 2008 (+info)


• 21 de agosto de 2008
Diferenzas entre comuneiros de Candeán
e Celta bloquean a reforma de Barreiro. (+info)


• 15 de xullo de 2008
Empresarios e sindicatos avalan o túnel baixo
Candeán e Lavadores. (+info)


• O XACEMENTO DE MONTE PENIDE DECLARADO BEN DE INTERESE CULTURAL
(+INFO)


• O Consello Forestal informa favorablemente o Anteproxecto de Lei de Montes de Galicia.
(+info)


• A Comunidade de Montes solicitou a Consellería de Innovación e Industria unha subvención para a creación dunha charca no Vixiador.


• Declárase como época de perigo alto de
incendios forestais durante 2008 a comprendida entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.


• IV MARCHA POPULAR POLOS MONTES VECIÑAIS EN MANCOMÚN DE CABRAL E CANDEÁN . (+ info)

• El sector forestal rechaza el borrador de la Lei de Montes por su inseguridad jurídica. (+info)

• Aprobada a axuda solicitada a Secretaría de Política lingüistica da Xunta de Galicia
para a creación da nosa web.
Resolución do 26 de maio de 2008

• Asemblea Xeral de comuneiros e comuneiras con data 13 de abril de 2008.
- Os comuneiros e comuneiras aprobaron un convenio coa Banda de Música de Candeán
para a compra dun instrumento musical, concretamente unha tuba.
- Tamén se aprobou a cesión do terreo preto do actual campo de fútbol ao Concello para a instalación dun pavillón deportivo.
- Informouse da apertura do expediente no Concello de Vigo para a creación dun Centro de Interpretación da Natureza no parque forestal.
- Informouse do Edicto do 11 de febreiro de 2008, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Mancomún de Pontevedra, polo que se resolve a clasificación dos montes Cachadiña e outros, solicitadas a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Candeán, do concello de Vigo.
(+info)





Actualizado a
Abrir NOVAS

Patrimonio Forestal
s División inventarial s Parque Forestal O Vixiador s Mapas s


Abrir .pdf

Plano general 2

Os montes de Candeán sitúanse na franxa occidental galega,
sobre a costa atlántica.

Están encravados no concello de Vigo na provincia de Pontevedra, sobre a Ría de Vigo, unha das máis relevantes das Rías Baixas no eido turístico.

Situados bioxeoclimaticamente dentro da ecorrexión Galaico-Cantábrica na  costa meridional de Galicia, no Val do Fragoso, nas estribacións montañosas de Monte Penide, concretamente entre a conca do Río Lagares e a Ría de Vigo.

Xeograficamente quedan limitados polos 8º 38’ e os 8º 40’ lonxitude Oeste, e os 42º 14’  e os 42º 16’ latitude Norte.


Coordenadas
UTM 29T

Mínima Máxima
X
527.000
530.100
Y
4.676.700
4.678.300

 

line Patrimonio Cultural line Patrimonio Mobiliario line Toponimia line

CANDEÁN

A parroquia de Candeán pertence ao termo municipal de Vigo.

O concello de Vigo situase ao sur da provincia de Pontevedra, na marxe dereita da ría de Vigo. A parroquia de Candeán localízase ao noreste do concello de Vigo e linda polo Norte coas parroquias de Chapela e Cabeiro (concello de Redondela), polo leste coa parroquia de Vilar de Infesta (concello de Redondela), Polo Oeste coa parroquia de Teis e polo sur coas parroquias de Cabral e Lavadores (concello de Vigo).

Pertence ao Partido Xudicial de Vigo e no Plan de Comarcalización de Galicia forma parte da Comarca de Vigo aínda que tradicionalmente e por características xeonaturais pertence á comarca natural do Val do Fragoso.

A propiedade dos montes veciñais correspóndelle á Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Candeán.

Na actualidade existen dentro do monte veciñal de Candeán varios conxuntos megalíticos (necrópoles tumulares) incluídos no catálogo de xacementos arqueolóxicos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e do Servizo de Patrimonio do Concello de Vigo. Na parcela da Devesa tamén se localizaba un xacemento tumular megalítico que foi alterado coa construción da estrada á Madroa e cos usos relacionados coas zonas deportivas.

A parroquia de Candeán conta con catro entidades de poboación que se reparten por 3,7 Km2 e ten un total de 4.703 habitantes segundo os datos proporcionados polo concello actualizados para o 1 de xaneiro do 2002, dos cales máis de 245 son comuneiros do Monte Veciñal de Candeán.

U.V.C.D.

A Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candeán, onde atoparás toda a información sobre as festas, cultura, actividades, etc.