Historia Textos Legais Hemeroteca s Ligazóns Foro Contactar Inicio

ORGANIZACIÓN E XESTIÓN

Desde a súa clasificación como montes veciñais en mancomún por resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais de Pontevedra con data do 27 de outubro de 1994, a Comunidade de montes de Candeán ten procurado mellorar
a xestión loitando contra a Acacia melanoxylon, especie invasora que está a dominar e degradar as masas de piñeiro
e as plantacións de frondosas realizadas, atrasando e aínda dificultando a rexeneración da carballeira.

A mellora dos piñeirais mediante rozas, podas e plantacións complementarias, xunto coa plantación de frondosas,
a mellora e mantemento das vías forestais e dos camiños teñen sido algunhas das actividades de xestión
da Comunidade de Montes.

Tamén se teñen abordado outros proxectos e actividades como a construción de fontes e pozas de valor ornamental e de interese como hábitat para os anfibios e a fauna en xeral como son a Fonte do Verde e a Fonte da Pedra Longa.

A Xunta Reitora elixída polos comuneiros e comuneiras o día  15 de abril de 2007 quedou formada por
Jesús Rodríguez Soto - Presidente
Luís Castro Domínguez - Vicepresidente
María José Gonzalez García - Secretaria
Manuel Ángel García Álvarez- Tesoreiro

Vogais

Ángel Martínez Lago
Manuel Iglesias Bastos
Jesús Casal Covelo
Antonio Rodríguez Álvarez
Alfredo Soto Rodríguez
José Ramón Rodríguez Carrera
Ramón Barreiro
José Rodríguez Pérez

Colaboradores: Amador Fernández, Antonio Fernández Comesaña.

A Xunta Reitora reúnese todos os martes ás 20:00 no local social da Asociación de Veciños de Candeán

O proxecto de ordenación é  un documento no que se establece o modelo de xestión do monte, organizando os usos e as actividades no espazo e no tempo.
O principal obxectivo é garantir o cumprimento das múltiples funcións do monte así como fomentar e mellorar as súas producións mediante:
- O aumento da rendibilidade económica dos aproveitamentos madeirables compatibilizándoos coa conservación do medio e procurando unha renda anual constante.
- A mellora dos múltiples usos do monte (produción, conservación e protección do patrimonio cultural e natural, paisaxe, recreo, etc.).
- A diminución do risco de incendios forestais e o establecemento de sistemas de prevención e defensa.
- A cartografía actualizada dos límites, das pistas, da vexetación e de toda información necesaria para a xestión do monte veciñal.

Autora do proxecto: María Dapena Sieiro.

2007 - 2008

LIMPEZA
Limpáronse diversas zonas do monte: Pedra Longa, Costa Freiría, Facha, Surrido e Verde.
Limpouse 30 metros de terreo ao redor dos túmulos.
A limpeza do roteiro das mámoas realizouse dúas veces ao ano.

PLANTACIÓNS
Na primeira fase plantáronse 2.500 árbores frondosas, castiñeiro, carballo, etc.
Plantáronse e repuxéronse árbores no parque forestal e no aparcamento, 700 árbores en total.
600 aportadas gratuitamente pola Mancomunidade de Montes de Vigo e 100 por Medio Rural.
Plantáronse piñeiros na zona Costal e plantáronse e repuxéronse árbores no aparcamento da Asociación.
En total plantáronse 3.300 árbores.

PISTAS
Estanse levando a cabo diversas pistas de deslinde cos propietarios das parcelas privadas para favorecer
o servizo ao parque. Realizouse un deslinde con Teis para favorecer o acceso ao novo depósito de auga.
Os deslindes que se están a realizar teñen a finalidade tamén de servir de devasas.

APARCAMENTOS:
Renováronse os aparcamentos do parque e da Asociación de veciños.

CONVENIOS
Asinouse un convenio co Concello de Vigo para a construción dun depósito de auga que abasteza a parroquia,
como contraprestación o Concello facilitará a enerxía eléctrica necesaria para o Vixiador.
(Na actualidade continúan coas obras)

Asinouse un convenio coa Consellería de Innovación e Industria para a sinalización do Parque forestal.
(Actuación finalizada)


SUBVENCIÓNS
Solicitouse unha subvención á Consellería de Medio Rural para a plantación de frondosas en 4,2 hectáreas.

Solicitouse unha subvención a Innovación e Industria para a sinalización do parque no ano 2007.
Concedida e executada.

Solicitouse unha axuda á Secretaría de Política lingüística para a creación da nosa Web.
Concecida.

Solicitamos unha subvención a Innovación e Industria para a creación dunha poza aproveitando os recursos hidrográficos da zona preto da Fonte dos Seixos. A poza e a ponte que se van crear atópanse no roteiro das mámoas.


INAUGURACIÓNS
Inaugurouse o Roteiro das Mámoas.
Inaugurouse a sinalización do parque forestal.


Patrimonio Forestal
s División inventarial s Parque Forestal O Vixiador s Mapas s

Os montes de Candeán sitúanse na franxa occidental galega,
sobre a costa atlántica.

Están encravados no concello de Vigo na provincia de Pontevedra, sobre a Ría de Vigo, unha das máis relevantes das Rías Baixas no eido turístico.

Situados bioxeoclimaticamente dentro da ecorrexión Galaico-Cantábrica na  costa meridional de Galicia, no Val do Fragoso, nas estribacións montañosas de Monte Penide, concretamente entre a conca do Río Lagares e a Ría de Vigo.

Xeograficamente quedan limitados polos 8º 38’ e os 8º 40’ lonxitude Oeste, e os 42º 14’  e os 42º 16’ latitude Norte.


Coordenadas
UTM 29T

Mínima Máxima
X
527.000
530.100
Y
4.676.700
4.678.300

 

line Patrimonio Cultural line Patrimonio Mobiliario line Toponimia line

CANDEÁN

A parroquia de Candeán pertence ao termo municipal de Vigo.

O concello de Vigo situase ao sur da provincia de Pontevedra, na marxe dereita da ría de Vigo. A parroquia de Candeán localízase ao noreste do concello de Vigo e linda polo Norte coas parroquias de Chapela e Cabeiro (concello de Redondela), polo leste coa parroquia de Vilar de Infesta (concello de Redondela), Polo Oeste coa paroquia de Teis e polo sur coas parroquias de Cabral e Lavadores (concello de Vigo).

Pertence ao Partido Xudicial de Vigo e no Plan de Comarcalización de Galicia forma parte da Comarca de Vigo aínda que tradicionalmente e por características xeonaturais pertence á comarca natural do Val do Fragoso.

A propiedade dos montes veciñais correspóndelle á Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Candeán.

Na actualidade existen dentro do monte veciñal de Candeán varios conxuntos megalíticos (necrópoles tumulares) incluídos no catálogo de xacementos arqueolóxicos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e do Servizo de Patrimonio do Concello de Vigo. Na parcela da Devesa tamén se localizaba un xacemento tumular megalítico que foi alterado coa construción da estrada á Madroa e cos usos relacionados coas zonas deportivas.

A parroquia de Candeán conta con catro entidades de poboación que se reparten por 3,7 Km2 e ten un total de 4.703 habitantes segundo os datos proporcionados polo concello actualizados para o 1 de xaneiro do 2002, dos cales máis de 245 son comuneiros do Monte Veciñal de Candeán.