con
scroll
scroll
scroll


O parque forestal do Vixiador pertence á comunidade de montes da parroquia de Candeán.

O Vixiador conforma un entorno privilexiado e de gran valor ambiental.
Situado ao norte do val Fragoso, en Vigo, ten unha superficie
de 184.878 m2 e está repoboado de carballos americanos, bidueiros, secuoias, cerdeiras e castiñeiros. Tamén hai pés illados de amieiros, acivros, érbedos, choupos e buxos.

O Monte do Vixiador atópase a 400 m de altitude, desde onde se poden contemplar unhas magníficas vistas do val da Louriña, os montes de Portugal, a serra do Suído e a ría de Vigo.

O parque é ideal para pasar un día de lecer, xa que conta con numerosas fontes de auga potable, asadeiros e mesas.

Imprescindible para os amantes da natureza e da micoloxía, para facer rutas a pé e realizar fotografías.

A isto engádese o seu valor arqueolóxico. No parque destacan dúas mámoas pertencentes á Cultura Megalítica (IV a II milenio a.C.) que, xunto con outros dolmens e mámoas, constitúen un cinto de enterramentos tumulares nos lindeiros dos concellos de Vigo e Redondela.

É unha das concentracións arqueolóxicas máis importantes de Galicia.




RUTAS PANORÁMICAS

Os montes veciñais en mancomún de Candeán estan cruzados por varios sendeiros homologados pola Federación Galega de Montañismo entre os que destacan:

GR –53 Panorámico de Vigo (+ Info) Ver .pdf

GR – 58 Sendeiro das Greas (+ Info)

GR – 94 Rural de Galicia

Flora

FAUNA

Os Montes Veciñais en Mancomún de Candeán e o seu contorno presenta unha fragmentación dos hábitats
que supón unha capacidade media para albergar biodiversidade (limitada pola abondosa presenza humana
e as actividades humanas como o emprego de agroquímicos nos cultivos).
A fauna existente reviste unha importancia notable en canto ao valor ambiental, social e cultural que
representa para un contorno tan próximo a un núcleo urbano.

ANFIBIOS
 
Triturus boscai Limpafontes común
Triturus helveticus Limpafontes palmado
Triturus marmoratus Limpafontes verde
Salamandra salamandra Píntega
Bufo bufo Sapo cunqueiro
Rana perezi Ra verde

Rana patilarga
Sapo Partero
Tritón
Salamandra

RÉPTILES
 
Anguis fragilis Escáncer común
Lacerta schreireri Lagarto das silvas
Podarcis bocagei Lagartixa galega
Chalcides striatus Esgonzo común

Tyto alba

Sylvia undata

 

 



AVES
 
Accipiter gentilis Azor
Accipiter nisus Gabián
Buteo buteo  Miñato Común
Scolopax rusticola Arcea ou aguaneira
Columba palumbus Pombo torcaz
Cuculus canorus  Cuco
Tyto alba Curuxa
Strix aluco Avelaiona
Caprimulgus europaeus Avenoiteira cincenta
Apus apus Cirrio
Picus viridis Peto verde
Dendrocopos major Peto real
Hirundo rustica Anduriña
Motacilla alba Lavandeira branca
Troglodytes troglodytes Carriza
Prunella modularis Azulenta
Erithacus rubecula Paporrubio
Phoenicurus ochruros Rabirrubio
Saxicola torquata Chasco
Turdus merula Merlo
Turdus philomelos Tordo común
Turdus viscivorus Tordo charlo
Sylvia undata  Papuxa do mato
Sylvia melanocephala Papuxa cabecinegra
Sylvia communis Papuxa comun
Sylvia atricapilla Papuxa das amoras
Phylloscopus collybita Picafollas europeo
Regulus ignicapilla Estreliña riscada
Muscicapa striata Papamoscas cincento
Ficedula hypoleuca Papamoscas negro
Aegithalus caudatus Ferreiriño rabilongo
Parus cristatus  Ferreiriño cristado
Parus ater  Ferreiriño negro
Parus caeruleus Ferreiriño azul
Parus major  Ferreiriño real
Certhia brachydactyla Gabeador
Garrulus glandarius  Gaio
Pica pica  Pega
Corvus corone Corvo pequeno
Passer domesticus Pardal
Fringilla coelebs Pimpín
Serinus serinus Xirín
Carduelis chloris Verderolo
Pyrrhula pyrrhula Paporrubio real
Emberiza cia  Escribenta riscada

Miñato Abelleiro

Motacilla Cinerea

Scolopax rusticola


Myotis
MAMÍFEROS
 
Erinaceus europaeus Ourizo cacho
Talpa occidentalis Toupeira
Sorex sp. Furafollas
Rhinolophu Ferrumequinum  Morcego grande de ferradura
Pipistrellus pipistrellus Morcego común
Oryctolagus cuniculus Coello
Sciurus vulgaris Esquío
Apodemus sylvaticus Rato de campo
Vulpes vulpes Raposo
Meles meles Teixugo