|
BENVIDOS Á COMUNIDADE DE MONTES DE CANDEÁN
Esta páxina ten coma propósito dar a coñecer aos veciños
e veciñas e a todos os cidadáns, o patrimonio forestal,
arqueolóxico, cultural e etnográfico de Candeán.
A difusión dos bens patrimoniais do noso contorno ten coma obxeto
concienciar no coidado, protección e conservación dos elementos
materiais e inmateriais que conforman a nosa cultura.
Dende a CMVMC queremos facer fincapé na importancia da posta
en valor do monte.
O noso, por tratarse dun monte periurbán, onde se atopa o parque
forestal do Vixiador, e a “Área Arqueolóxica Mámoas de
Candeán" é un dos máis visitados de Vigo e necesita dun coidado
exquisito para que poida cumprir coas súas funcións ambientais.
A protección do patrimonio forestal necesita da solidariedade
colectiva, polo que animamos aos comuneiros e comuneiras
e a toda a cidadanía a involucrarse no seu coidado.
Subvenciona:
|
NOVAS |
• XXIII ROMARÍA DO VIXIADOR
7 de setembro de 2008 (+info)
• 21 de agosto de 2008
Diferenzas entre comuneiros de Candeán
e Celta bloquean a
reforma de Barreiro. (+info)
• 15 de xullo de 2008
Empresarios e sindicatos avalan o túnel baixo
Candeán e Lavadores. (+info)
• O XACEMENTO DE MONTE PENIDE DECLARADO BEN DE INTERÉS CULTURAL
(+INFO)
• O Consello Forestal informa favorablemente o Anteproxecto de Lei de Montes de Galicia.
(+info)
• A Comunidade de Montes solicitou a Consellería de Innovación e Industria unha subvención para a creación dunha charca no Vixiador.
• Declárase como época de perigo alto de
incendios forestais durante 2008 a comprendida entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.
• IV MARCHA POPULAR POLOS MONTES VECIÑAIS EN MANCOMÚN DE CABRAL E CANDEÁN . (+ info)
• El sector forestal rechaza el borrador de la Lei de Montes por su inseguridad jurídica. (+info)
• Aprobada a axuda solicitada a Secretaría de Política lingüistica da Xunta de Galicia
para a creación da nosa web.
Resolución do 26 de maio de 2008
• Asemblea Xeral de comuneiros e comuneiros con data 13 de abril de 2008.
- Os comuneiros e comuneiros aprobaron un convenio coa Banda de Música de Candeán
para a compra dun instrumento musical, concretamente unha tuba.
- Tamén se aprobou a cesión do terreo preto do actual campo de fútbol ao Concello para a instalación dun pavillón deportivo.
- Informouse da apertura do expediente no Concello de Vigo para a creación dun Centro de Interpretación da Natureza no parque forestal.
- Informouse do Edicto do 11 de febreiro de 2008, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Mancomún de Pontevedra, polo que se resolve a clasificación dos montes Cachadiña e outros, solicitadas a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Candeán, do concello de Vigo.
(+info)
|
Actualizado a
|
Abrir NOVAS |
|
|
Patrimonio Forestal
División inventarial Parque Forestal O Vixiador Mapas |
|
Os montes de Candeán sitúanse na franxa occidental galega,
sobre a costa atlántica.
Está encravado no concello de Vigo na provincia de Pontevedra,
sobre a Ría de Vigo, unha das máis relevantes das Rías Baixas
no eido turístico.
Situada bioxeoclimáticamente dentro da ecorrexión Galaico-Cantábrica na costa meridional de Galicia, no Val do Fragoso, nas estribacións montañosas de Monte Penide, concretamente entre a conca do Río Lagares e a Ría de Vigo.
Xeográficamente queda limitado polos 8º 38’ e os 8º 40’ lonxitude Oeste, e os 42º 14’ e os 42º 16’ latitude Norte.
Coordenadas
UTM 29T |
Mínima |
Máxima |
X |
527.000 |
530.100 |
Y |
4.676.700 |
4.678.300 |
|
|
|
Patrimonio Cultural Patrimonio Mobiliario Candeán
TOPONIMIA
Os nomes que reciben os camiños, os valados, as fincas, as coutadas, os lugares, os penedos… forman
a toponimia menor, a microtoponimia. E Galicia, segundo Xesús Ferro Ruibal, posúe un terzo da
microtoponimia de toda España.
Moitos deses nomes recibíronos os lugares xa na prehistoria, chegaron a nós como chegaron as mámoas
e os petroglifos. Cóntannos historias, fálannos de animais e árbores que xa non están, de terreos
que xa mudaron. Pero os nomes persisten… de momento.
Os nomes de lugares pequenos (os camiños, as coutadas, os penedos…) están desaparecendo en toda Galicia,
extínguense. No ano 2003 Ferro Ruibal fixo un chamamento desesperado para salvalos. Só quedaban
cinco anos cómodos para que a grande maioría deses pequenos nomes non se extinguiran.
A Comunidade de Montes de Candeán respondeu a este chamamento recollendo toda a microtoponimia
da zona e poñéndoa ao servizo da comunidade galega. É nosa mais é de todos e de todas e tamén queremos
que chegue ás próximas xeracións.
Primeiro foi o roteiro de mámoas de Candeán; agora ofrecémosvos palabras que levan camiñando con nós
centos de anos. Non é para distinguirnos; é para que o exemplo se espalle, como xa fixeron outros, e salvar
o material co que construír o futuro.
|
Toponimia de Candeán aportada polo Nomenclator,
o Catastro de Ensenada, a aportada polos veciños e veciñas
e a que figura no plano elaborado polo Concello de Vigo. |
•
•
•
•
•
•
• |
AGRÓNIMOS: Referentes á explotación do campo
FITÓNIMOS: Referentes ás prantas e árbores
HIDRÓNIMOS: Referentes á auga
ORÓNIMOS: Referentes á orografía
TOPONIMIA COMPLEMENTARIA RECOLLIDA ORALMENTE
E DO PLANO EDITADO POLO CONCELLO DE VIGO (1987)
TOPÓNIMOS REFERENTES A LUGARES
Referencia as edificacións ou alcumes dos veciños da parroquia |
A toponimia ampliarase en breve. O que presentamos está recollido da obra
de Xerardo Dasairas: Candeán, Memórias dunha parroquia.
O noso agradecemento ao autor, aos veciños e veciñas que achegaron
os seus coñecementos e en concreto a Xoán Collazo Pazó, exsecretario
da comunidade de montes de Candeán que fixo posible esta recompilación.
|
|
|
|