scroll
scroll
scroll

Neolítico e Megalitismo

Cronología Prehistoria

Entre o 5.500 e o 2.500 antes de Cristo, vaise desenvolver un período na Prehistoria coñecido como Neolítico, no que os nosos antepasados progresivamente abandonan a súa vida nómade de cazadores-recolectores para instalarense de xeito permanente nun territorio (sedentarización) e vivir da agricultura e a gandería. Primeiro domesticarán plantas (trigo e cebada fundamentalmente) e posteriormente animais (vacas, cabras e ovellas). Este proceso de cambio será lento pero continuo.

A nova forma de vida levou parello o desenvolvemento dunha serie de innovacións técnicas: fabrícanse os primeiros útiles de pedra pulida (machados, aixolas, etc.); invéntase a cerámica (con diferentes tipos de recipientes e vasillas). Tamén xorden os primeiros núcleos de habitación agrupados (aldeas diseminadas de pequenas casoupas rudimentarias feitas con materiais perecedoiros de madeira, arxila, palla, etc., e arqueoloxicamente moi difíciles de atopar); e inícianse novos ritos relixiosos e costumes funerarios.

Estes novos ritos son os que darán lugar á construción dunhas sepulturas monumentais coñecidas en Galicia de xeito popular con diferentes nomes (mámoas, medorras, dolmens, antas, arquiñas, casas dos mouros…) e que identifican un fenómeno moi característico da Prehistoria coñecido como Megalitismo.

 

CONXUNTO FUNERARIO

Roteiro das Mámoas

Mámoa do Chan do Labrador.
Mámoa I de Chan dos Touciños.
Mámoa II de Chan dos Touciños.
Mámoa III de Chan dos Touciños.
Mámoa IV de Chan dos Touciños.
Mámoa I do Ferradouro.
Mámoa II do Ferradouro.
Mámoa III de Costa Freiría.
Mámoa II de Costa Freiría.
Mámoa I de Costa Freiría.
Mámoa do Vixiador.

Ferradouro I
Ferradouro II
Freiría I
Touciños IV
Freiría II
Freiría III
Labrador
Vixiador
Toucioños I
Touciños II
Touciños III

O conxunto funerario de Candeán contaba ata hai poucos anos con 18 túmulos, pero cinco deles xa foron destruídos. Posúen características variadas en canto a dimensións e morfoloxía e distribúense xeograficamente ao longo da parroquia dende a Mámoa de Casa dos Mouros (a situada máis ao sur, preto dos campos de fútbol da Madroa) ata a Mámoa do Vixiador (dentro do parque forestal que lle da nome e preto xa de Redondela).  A través do percorrido que propoñemos, só imos visitar 11 delas: as que se atopan entre a Asociación Veciñal e Cultural de Candeán e o parque forestal do Vixador.

O EXPOLIO DAS MÁMOAS

MATERIAL DIVULGATIVO

Poñemos á vosa disposición material divulgativo dirixido ao profesorado e ao alumnado co ánimo de facilitar a visita dos centros escolares á Área Arquelóxica e difundir información sobre o noso patrimonio e a necesidade da súa conservación polas xeracións vindeiras. O material foi creado polo equipo de investigadores que levaron a cabo a intervención na necrópole.

Tamén podedes consultar desde aquí diferentes publicacións e enlaces relacionados co patrimonio arqueolóxico.

 

 
boletin Vacaloura n 4
• Número 4 del boletín Vacaloura
Montes e Patrimonio Arqueolóxico
Octubre de 2006

Descargar PDF - 600 KB

 

 

Ampliar Panel Cronología